O OUFF (Festival de Cine Internacional de Ourense) mantivo de sempre unha fonda relación co legado e a figura de Carlos Velo. En varias edicións foi obxecto de homenaxe e na programación do OUFF son moitos os anos nos que se incluiron iniciativas vencelladas cos seus traballos e a súa memoria. Entre outras, e por citar as máis recentes, a proxección de «Pedro Páramo» na gala de clausura do OUFF 2016.

O Festival de Cine Internacional de Ourense decidiu crear o Premio Carlos Velo ao mellor director novo no ano 2001. A denominación estivo vixente nas edicións do 2001, 2002 e 2003. Foi na edición do seguinte ano, a do 2004, cando pasou a convocarse como "Premio Carlos Velo ao Mellor Director".

A relación de realizadores galardoados con esta distinción ata o de agora está formada por:

2018

La mujer de la montaña

Benedikt Erlingsson, Islandia

2017

Mariana

Chris Gude, Colombia

2016

El Limonero Real

Gustavo Fontán, Argentina

2015

El Comienzo del Tiempo

Bernardo Arellano, México

2014

De Nieuwe Wereld

Jaap Van Heusden, Holanda

2013

Offline

Peter Monsaert, Bélgica

2012

Ali

Paco Baños, España

2011

The Off Hours

Megan Griffiths, Estados Unidos

2010

Preacher

Daan Van Baelen, Bélgica

2009

Bloed Broeders

Arno Dierrickx, Holanda

2008

The Lovebirds

Bruno de Almeida, Portugal

2007

True North

Steve Hudson, Alemania, Irlanda, Reino Unido

2006

Le Passager

Eric Caravaca, Francia

2005

Mongolian Ping Pong

Ning Hao, China

2004

León y Olvido

Xavier Bermúdez, España

2003

Ojos Que No Ven

Francisco J. Lombardi, Perú

2002

O Gotejar da Luz

Fernando Vendrell, Portugal

2001

South West 9

Richard Parry, Reino Unido - Irlanda