OBXECTIVOS
A Fundación
A Fundación Carlos Velo céntrase na investigación e na difusión da obra do cineasta e no estudo, difusión, formación e promoción das artes da imaxe, no seu máis amplo espectro, así como na organización de actividades culturais e científicas de carácter xeral e relacionadas cos fins sinalados.
O desenvolvemento do obxecto fundacional poderá ser realizado directamente pola Fundación ou mediante colaboración con outras entidades, organismos, institucións ou persoas que contribúan á consecución dos fins fundacionais.
Máis sobre a Fundación →CARLOS VELO
Biografía
Carlos Velo Cobelas,
percorrido a unha vida.
Cartelle, 1909 - Cidade de México, 1988
Fillo do médico rural José Velo Castro e de Dolores Cobelas Alberte, Carlos naceu no lugar de Pereiros, na vila ourensán de Cartelle. Fixo o ensino primario na escola da aldea e ós dez anos xa estaba no instituto de Ourense, onde remata o bacharelato en 1925 con premio extraordinario.
Nun ambiente intelectual e culturaI moi galeguizado daquela na capital provincial, fixo amizade cos irmáns Lourenzo, sobre todo con Xaquín, e comezou a súa afección ó cine, primeiro como espectador e despois como membro dun peculiar equipo de filmadores con Augusto Pacheco, Antonio Román e o propio Xaquin Lourenzo "Xocas", reunidos por veces no estudio fotográfico do pai do primeiro, José Pacheco. De seguido graduouse como mestre nacional na Escola Normal, onde frecuentan as aulas de persoeiros como Otero Pedraio e Vicente Risco. Marcha a Madrid obedecendo o desexo paterno de...
Máis sobre Carlos Velo →TALLER
Taller Carlos Velo para a postproducción de longametraxes de non ficción.
Co fin de apoiar aos realizadores e elevar a calidade de obras fílmicas de non ficción, TV UNAM e a Fundación Carlos Velo de España convocan á comunidade fílmica de México e España a participar no Taller Carlos Velo para a postproducción de longametraxes de non ficción.
Os seleccionados faranse acredores a un apoio económico para axudar á conclusión das súas longametraxes e dunha asesoría analítica e conceptual de recoñecidos cineastas, conforme ás bases da participación.
Bases e máis información →Video promo do Taller Carlos Velo 2021.
Video resumo do evento no ano 2020
SIMPOSIO
Carlos Velo na memoria. 110 anos.
27,28 novembro 2019
Facultade CC da Comunicación
Santiago de Compostela
A Fundación Carlos Velo promove a celebración dunhas xornadas sobre a figura, a obra e o legado do director coincidindo coa celebración do 110 aniversario do seu nacemento en Cartelle.
Para facer realidade este proxecto a FCV contou coa colaboración de Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e dun equipo formado por membros da fundación pertencentes á Universidade de Vigo e á Universidade de A Coruña.
Durante dous días, no simposio que se desenvolverá en Compostela, incidirase en aspectos vencellados ao traballo de Carlos Velo ou á realidade das diferentes etapas e escenarios sociais nos que lle tocou vivir en España e en México.
Programa →MELLOR DIRECCIÓN DO OUFF
Premio Carlos Velo
O OUFF (Festival de Cine Internacional de Ourense) mantivo de sempre unha fonda relación co legado e a figura de Carlos Velo.
En varias edicións foi obxecto de homenaxe e na programación do OUFF son moitos os anos nos que se incluiron iniciativas vencelladas cos seus traballos e a súa memoria. Entre outras, e por citar as máis recentes, a proxección de "Pedro Páramo" na gala de clausura do OUFF 2016.
O Festival de Cine Internacional de Ourense decidiu crear o Premio Carlos Velo ao mellor director novo no ano 2001.
A denominación estivo vixente nas edicións do 2001, 2002 e 2003. Foi na edición do seguinte ano, a do 2004, cando pasou a convocarse como "Premio Carlos Velo ao Mellor Director".
Realizadores premiados →